O mapa de colexios de Lugo necesita unha revisión urxente

Moitas familias "teñen que acabar desprazándose a outros centros afastados ou privados", denuncian desde o BNG.


|

Educacionaula


A deputada do BNG por Lugo, Olalla Rodil, sinalou a necesidade de que o Goberno galego afronte unha revisión da zonificación dos centros educativos do Concello de Lugo para "adaptala á realidade de hoxe".


"Son moitas as familias que non teñen posibilidade de matricular a nenas e nenos nos centros públicos máis próximos á súa residencia e teñen que acabar desprazándose a outros centros afastados ou acudindo a centros privados", subliñou Rodil.


Segundo defendeu a parlamentaria, e tal e como indicou o Bloque nun comunicado, a zonificación tense que realizar valorando as zonas de expansión da cidade e tratando de realizar "unha proposta equilibrada, con criterio e encamiñada a que os centros públicos ofrezan servizo a todo o alumnado, atendendo á proximidade das súas vivendas".

relacionada Alarma en Ourense polo intento de secuestro dun neno á saída do colexio
relacionada A Deputación de Lugo achega a Maruja Mallo aos centros educativos
relacionada ​O PSdeG critica que a Xunta salva aos colexios concertados dos recortes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE