Patxi López alerta contra a "desaparición ou irrelevancia" dun PSOE dividido

O aspirante, de xira en Galicia, reclama a Rajoy que "limpe o seu partido a fondo" e critica "esta especie de moción pantasma" de Podemos.


|

Patxilopezgalicia


O ex lehendakari e aspirante á Secretaría Xeral do PSOE, Patxi López, apelou este domingo en Ourense á "unidade" do partido para evitar a súa desaparición ou irrelevancia, como ocorreu con "outros partidos socialdemócratas en toda Europa" e apostou por un "proxecto de esquerdas" que non cambie "retales" co PP, pero que tampouco faga "alianzas cegas" con Podemos.


Durante un encontro con militantes na sede provincial do PSOE, Patxi López alertou da "situación moi delicada" que están a vivir os partidos socialdemócratas en toda Europa, con partidos que pasaron á irrelevancia ou case á súa desaparición" en países como Holanda, Italia ou Francia "a pasada semana", onde o candidato Benoit Hammon quedou en quinta posición na primeira volta das presidenciais con apenas un 6% dos votos.


Para López este desencontro dos votantes co socialismo é froito dea súa "división e falta de claridade nas ideas e o proxecto". Por este motivo defendeu a oportunidade de que as primarias do 21 de maio sirvan para "entender o que está en xogo e salvar o PSOE" no canto de "armar exércitos".


"Defender o PSOE hoxe quere dicir unilo. Se seguimos divididos dá igual quen gañe as primarias, porque imos perder o fundamental que é a cita coas urnas", explicou López.


A presentación do acto correu a cargo do alcalde do Barco, Alfredo García, que criticou que as primarias socialistas están a facerse "coa vista posta nas eleccións xerais".


QUE RAJOY LIMPE O SEU PARTIDO


Patxi López pediu a Rajoy que deixe de protexer os corruptos e "limpe o seu partido a fondo", tras afearlle que o pasado sábado chancease en Bruxelas coa posibilidade da moción de censura exposta por Podemos a pasada semana.


Para o ex lehendakari, Rajoy ten que dar "explicacións" e "limpar o seu partido a fondo", porque "non se trata dun, dous ou tres corruptos" senón de "tramas sistemáticas" que saquearon os recursos públicos mentres que se impoñían "sacrificios ao resto da cidadanía".


Así, criticou que xente do goberno mandase "sms de apoio aos corruptos", ou que fiscais estean "a impedir" as investigacións en casos de corrupción.


A MOCIÓN DE PODEMOS "NON É CRIBLE"


Con todo, López tamén se mostrou crítico coa proposta de moción de censura de Podemos, que considera que "non é crible" porque "cando tivo a oportunidade de impedir que gobernase o PP votou 'Non' a un goberno de cambio".


Para o socialista, con esta moción Pablo Iglesias "volve converterse no mellor aliado de Mariano Rajoy", porque no canto de levar a primeira plana a corrupción no PP "estamos a falar desta especie de moción pantasma". "A política é algo moito máis serio que o política espectáculo de Pablo Iglesias", concluíu López.

relacionada Susana Díaz en Vigo: "Cando o PSOE se pon en marcha, non hai quen o pare"
relacionada Pedro Sánchez: "Aquel non debeu ser non en outubro"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE