Podemos Galicia chama aos mozos a "reconquistar o futuro" da súa xeración

'Xeración Morada', as mocidades de Podemos Galicia, organiza unhas xornadas en Santiago que contan coa presenza de Carmen Santos.


|

Mocidadespodemos

// @CarmenSantosQ


A formación xuvenil de Podemos Galicia, 'Xeración Morada', realizou un chamamento aos mozos a "organizarse e estar unidas" para lograr un "gran movemento" que permita "reconquistar o futuro" que "as políticas neoliberais" están "a roubar" á mocidade do país.


'Xeración Morada' organiza este sábado unhas xornadas en Santiago nas que participarán mozos e mozas chegados de varios puntos de Galicia e que contan coa presenza da secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos.


A tamén deputada de En Marea no Parlamento galego remarcou a importancia que ten que a mocidade "se auto organice", porque iso forma "parte da filosofía" do partido morado para traballar polo "cambio de forma activa".


Así, tras expresar o seu apoio a 'Xeración Morada', indicou que as xornadas deste sábado "son só o inicio" para "implicar á xente máis nova, que é parte fundamental de Podemos", xa que a formación morada "ten unha base moi nova, tanto de inscritos como de votantes".


"Somos un dos colectivos máis golpeados polas políticas neoliberais desta estafa mal chamada crise", expresou Sabela Rodríguez, que forma parte de 'Xeración Morada'.


"A mocidade de Podemos estamos aquí en nome dunha forma de pensar que se resume en que este país ten futuro se todos nos poñemos ao choio e volvemos construír os lazos que nos unen como cidadanía e como pobo", manifestou Abraham Valino.

relacionada Carmen Santos revela que é "moi probable" que o 'Tramabús' visite Galicia
relacionada Carmen Santos cumpre un ano á fronte de Podemos Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE