Iván Ferreiro ofrecerá un concerto gratuíto nas Festas de Ourense

Terá lugar na Praza Maior da cidade o sábado 24 de xuño a partir de as 22,30 horas


|

Ivanferreiro


Iván Ferreiro ofrecerá un concerto gratuíto na Praza Maior coincidindo coas Festas de Ourense o sábado 24 de xuño a partir das 22,30 horas.


O concerto está programado para despois da lectura do pregón que dará inicio ás festas da cidade, que se prolongarán ata o 2 de xullo.


O artista, que tocará as cancións do seu novo álbum 'Casa' (Warner Music, 2016), é a segunda confirmación de cartel das Festas de Ourense, despois de Sweet California, que actuarán o 30 de xuño no Xardín do Posío.


A diferenza deste, o concerto de Iván Ferreiro será gratuíto e forma parte da xira de 'Casa', o sétimo álbum en solitario do que foi líder, cantante e compositor principal dos Piratas.

relacionada O programa das Festas da Ascensión de Santiago coñecerase a "próxima semana"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE