A DXT prevé 650.000 desprazamentos na operación especial do 1 de maio en Galicia

|

Carreteracochestrafico


A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prevé uns 650.000 desprazamentos na rede viaria do noroeste, na que se inclúe Galicia, no marco da operación especial da ponte do 1 de Maio que comeza este venres.


Deste xeito, a rede viaria do noroeste rexistrará un dez por cento dos 6,5 millóns de movementos previstos en toda España nesta operación especial que se desenvolverá desde as 15,00 horas do 28 de abril e as 24 horas do luns 1 de maio.


Na provincia da Coruña Tráfico avisa de puntos conflitivos nos accesos á cidade herculina pola AC-12 e AC-11, así como na AG-11 --Ribeira a Padrón--, na N-550, N-651, autoestrada AP-9, autovía A-6 e as estradas AC-552, AC-173 e AG-11.


Mentres, na provincia de Lugo a DXT non espera puntos conflitivos, e na de Ourense sinala a N-120 e N-525 no acceso á capital ourensá, ademais da OU-540.


Pola súa banda, na provincia de Pontevedra a Dirección Xeral de Tráfico advirte de puntos conflitivos na A-55 na entrada de Vigo, A-52 e AP-9.


TOTAL ESPAÑA


En total en España, a DXT prevé 6,5 millóns de desprazamentos polas estradas durante a operación especial da ponte do 1 de maio que comeza este venres. Esta cifra supón 1,6 millóns máis de movementos de vehículos que a previsión realizada para as mesmas datas de 2016, un 32 por cento máis.


A operación especial poñerase en marcha ás 15,00 horas deste venres e prolongarase ata as 24 horas do luns 1 de maio, coa única excepción da Comunidad de Madrid, onde se estenderá ata o martes día 2. En 2016, ao caer o día 1 en domingo só sete comunidades autónomas tiveron ponte festiva.


De acordo co dispositivo especial da DXT, o maior volume de desprazamentos concentrarase en lugares de costa, montaña e zonas de segundas residencias. Segundo as estimacións de Tráfico, o 25 por cento dos desprazamentos concentrarase na zona central da Península, concretamente entre Madrid, Castela-A Mancha e Estremadura.


Outro 22 por cento dos movementos rexistraranse en Andalucía, o 21 por cento entre Murcia e a Comunidade Valenciana e o resto distribuirase entre o sector de Castela-León, Cantabria e Asturias (14%), Galicia (10%) e Aragón (8%).


O venres será un dos días de maior movemento de vehículos ao iniciarse a operación saída e para iso instalaranse, durante a tarde-noite, medidas de ordenación e regulación do tráfico especialmente nos grandes núcleos urbanos, do mesmo xeito que o sábado pola mañá.


O luns 1 de maio iniciarase, pola tarde, o retorno en todas as comunidades autónomas, excepto na Comunidad de Madrid, con previsibles problemas de circulación nos principais eixos viarios de comunicación, destacándose pola súa intensidade a rede de interese xeral, autoestradas e autovías. O dispositivo especial pecharase ás 24 horas do martes en Madrid.


Dado que se prevé un gran desprazamento de vehículos por toda a rede de estradas entre os días 28 de abril e 2 de maio, a DXT desaconsella a circulación indiscriminada de camións de máis de 7.500 Kg de masa máxima autorizada que transporten mercadorías en xeral, transporte de mercadorías perigosas, especiais.


Así mesmo, e en función das condicións en que se estea desenvolvendo o tráfico, durante as horas en que está permitida a circulación dos vehículos afectados polas restricións, poderase espaciar a súa circulación, e mesmo, se as circunstancias o aconsellan, detela temporalmente.


Nos días en que se desenvolve a operación especial quedarán suprimidas todas as probas e actividades deportivas que implique ocupación da calzada ou beiravías, os días e horas de maior intensidade de tráfico e paralizaranse obras que afecten á plataforma de circulación e zona de influencia da estrada desde as 13.00 horas do venres 28 de abril, ata as 24.00 horas do luns 1 de maio e desde as 8.00 horas ata as 24.00 horas do martes 2 de maio, nas comunidades de Castela-A Mancha e Madrid, e provincias de Jaen e Segovia.

relacionada 2.000 asentos máis esta ponte nos trens con orixe ou destino Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress