O PSdeG propón eliminar os aforamentos dos deputados no Parlamento galego

|

Plenoparlamento


O PSdeG propuxo que se eliminen os aforamentos dos deputados no Parlamento galego como medida para crear un "cordón sanitario" ante casos de corrupción e para que os parlamentarios se enfronten á xustiza en igualdade de condicións que todos os cidadáns.


Así o anunciou o deputado do PSdeG, Juan Díaz Villoslada, este mércores en comparecencia de prensa, avanzou que o grupo socialista levará a medida á Cámara galega, onde espera que "todos os grupos políticos" se adhiran á petición.


Unha medida que implicaría "modificar o artigo 11" do Estatuto de Autonomía de Galicia. "A iniciativa é a de pedir un posicionamento da cámara sobre esta cuestión, para que cando se aborde a reforma do Estatuto estea sobre a mesa", apostilou.


Así, suprimir os aforamentos dos deputados no Pazo do Hórreo é, en opinión de Villoslada, unha medida de "máxima necesidade" para a loita contra a corrupción, unha "tremenda secuela" que está "a minar a confianza dos cidadáns e a calidade democrática do país".


O socialista asegurou que a cidadanía percibe "como un privilexio" a condición dos representantes públicos como aforados, que responde a "outras épocas" e a "outros sistemas que non teñen madurado democraticamente".


"A situación en Galicia é de consolidación do Estado de Dereito e do sistema democrático", opinou Villoslada.

relacionada Cs e Podemos chegan a un acordo para limitar mandatos e discrepan sobre os aforamientos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress