O forte vento dificulta a loita contra os incendios forestais

|

IncendiorianxoIncendio en Rianxo. //Foto: @Batallont15 twitter


Un incendio forestal permanece activo na tarde deste xoves na parroquia de Isorna do municipio de Rianxo, que supera as 20 hectáreas afectadas, segundo informou a Consellería do Medio Rural.


O forte vento na zona dificulta as tarefas de extinción, mentres os efectivos tratan de frear o avance do lume antes de que chegue a un núcleo de vivendas en Palleiro.



Ademais, ao redor das 19 horas decretouse outro incendio que xa supera as 20 hectáreas no concello do Incio, parroquia de Trascastro (Lugo).


Un axente forestal sufriu un accidente co seu todoterreo cando se dirixía a colaborar nas tarefas de extinción deste lume e tivo que ser evacuado en helicóptero a un centro hospitalario. 



CONTROLADO AVIÓN


Ademais, o incendio forestal declarado ás 18,00 horas do mércores no termo municipal de Avión (Ourense) permanece controlado desde as 5,13 horas deste xoves na parroquia de Nieva.


Segundo as últimas estimacións facilitadas pola Consellería do Medio Rural este lume afecta a 40 hectáreas de superficie, das cales 39 son de monte raso e unha de arboledo.

relacionada Os incendios intencionados supoñen xa o 85% en Galicia
relacionada "Todo apunta" a que os incendios da provincia de Lugo foron intencionados

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress