Noriega solicita a Fomento que a ligazón orbital estea lista para o Ano Santo 2021

|

Enlaceorbitalcompostela

// @compostelaberta


O ministro de Fomento, Íñigo De la Serna, dixo este mércores que os traballos da estación intermodal de Santiago de Compostela van "razoablemente rápido" e, "sobre todo", remarcou, "con moita colaboración entre as administracións".


"Considero que é importante porque ten que ver coa propia chegada da alta velocidade a Galicia e pode servir para transformar desde o punto de vista da mobilidade o que é Santiago", aseverou o ministro.


Destacouno en declaracións aos medios de comunicación tras a reunión que mantivo co alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, en sede ministerial.


Pola súa banda, o rexedor compostelán asegurou que "xa hai compromisos firmes" entre o concello, a Xunta e o Ministerio de Fomento para "coordinar as políticas de mobilidade na cidade". E agregou que os "os traballos van a bo ritmo".


LIGAZÓN ORBITAL


Noriega dixo que "se constatou" o compromiso de Fomento para a ligazón orbital, pero pediu a De la Serna "acelerar os pasos" para que "estea preparado para o ano 2021, que é o ano Santo da cidade".


De la Serna explicou que a actuación levarase a cabo mediante dúas fases: unha fase A, cun investimento de 28 millóns de euros e que conectará a AP-9 coa A-54; e unha segunda fase dotada de 17 millóns de euros.


"Atópase nestes momentos en elaboración o proxecto de construción, isto teno que facer Audasa. A partir de aí aprobariamos ese proxecto para de maneira inmediata licitar as obras para poder dar comezo neste mesmo ano 2017, no segundo semestre", detallou.

relacionada Ethel Vázquez conta con que o enlace orbital da AP-9 estea nos Orzamentos
relacionada Estibadores reclaman a De la Serna unha reforma "consensuada e non imposta"
relacionada Aquae Talent Hub cita a emprendedores, 'makers' e innovadores sociais na USC

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress