A Xunta non recibiu "solicitude oficial de segregación de Ferroatlántica"

BNG e En Marea piden a Feijóo nou deixarse chantaxear por Villar Mir en base a "facturas contraídas" polo PP co dono de Ferroatlántica. 


|

Ferroatlanticafabrica


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asegurou que segue sen recibir "ningún tipo de solicitude oficial de segregación de Ferroatlántica".


En resposta a unha pregunta de En Marea en pleno, Conde remarcou que segue sen ter constancia de "ningunha venda" das centrais hidroeléctricas, polo que non cabe "ningún tipo de pronunciamiento" por parte da Xunta.


Ademais, sostén que a Xunta "non vai aceptar ningún tipo de ameaza de ninguén" sobre as centrais hidroeléctricas, á vez que defendeu a "firmeza" e "transparencia" do Goberno galego neste asunto, que "non variou nin un só milímetro a súa posición desde o primeiro momento".


"MORDIDAS A VILLAR MIR"


Durante a sesión de control do goberno galego, Ana Pontón acusou a Feijóo de situarse ao lado de J. M. Villar Mir, propietario de Ferroatlántica e actualmente investigado no marco da operación Lezo por financiamento irregular do Partido Popular. 


A portavoz do grupo nacionalista preguntoulle ao presidente da Xunta se está "do lado dos intereses da xente da Costa da Morte ou do de Villar Mir", para logo espetarlle que "Galicia non está para pagar as mordidas" do magnate polas "facturas contraídas" co partido no goberno. "Non acepte as chantaxes de Villar Mir, señor Feijóo", remachou Pontón. 


Tamén o portavoz de En Marea, Luís Villares, mencionou a Villar Mir na súa intervención e referiuse tamén aos supostos "favores" que lle debe Feijóo ao propietario de Ferroatlántica por diñeiro "inxectado" no seu partido e a Fundación Fraga. Neste sentido, Villares instou a Feijóo a "salvar 500 postos de traballo impedindo a segregación das centrais hidroeléctricas". 

relacionada Un informe avala a imposibilidade da segregación de actividade de Ferroatlántica
relacionada O presidente de Ferroatlántica: "Non vender as centrais supoñería unha deterioración das fábricas"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE