Beiras carga contra Yolanda Díaz polas críticas a En Marea

|

Beirasyolandadiaz


Yolanda Díaz anunciou este martes que deixará a dirección de Esquerda Unida, e marcha con críticas cara á conformación de En Marea e os conflitos internos do partido instrumental, como o liderado de Luís Villares e a súa dobre portavocía.


Pois este mércores respondeu as críticas Xosé Manuel Beiras, que acusou a portavoz de Esquerda Unida de traizón. "Yolanda Díaz non ten lexitimación para dicir semellantes cousas, porque foi a primeira que á min me traoizoou", reprochou o histórico dirixente nacionalista.


Así, envioulle a mensaxe de que "o que ten que facer é revisar o seu comportamento no proceso de conformación de En Marea".


Con todo, recoñeceu tamén que o proceso de creación da confluencia está a ser traumático e apuntou erros coma "converter nun conflito se hai ou non incompatibilidade en ser o portavoz dun grupo parlamentario e ser o portavoz de En Marea como tal".


Como impulsor, reclama que no partido instrumental sigan o seu exemplo. "Eu tiven que reciclarme e reeducarme", apunta. E a Luís Villares pídelle que asuma o liderado da formación, dubidando se el mesmo podería conseguir mellores resultados electorais. "Podía ser distinto, podía ser mellor, ou tampouco. Supoñamos que eu achegaba un plus", remachou.

relacionada Yolanda Díaz anuncia que deixará a coordinación de Esquerda Unida en xuño
relacionada En Marea convoca o seu segundo plenario para o próximo mes de xullo
relacionada Villares, sobre a coordinadora: "Non foron excluídos, foi unha renuncia"
relacionada Os líderes de Podemos e Anova rexeitan profundar na ferida de En Marea

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress