El Corte Inglés doa 8.800 euros a WWF para a recuperación do bosque mediterráneo

A cantidade doada destinarase ao proxecto que a ONG desenvolve na Serra de Alcublas (Valencia), destruída por un incendio en 2012 no que arderon máis de 20.000 hectáreas.


|

Corteingleswwf


El Corte Inglés vén de facer entrega a WWF España dun cheque de 8.852 euros procedentes das vendas do 'miniglú' que chegou ás tendas do grupo en decembro de 2016 en colaboración con Ecovidrio. Por cada un delas, a compañía comprometeuse a doar 2,5 euros a WWF España para a recuperación do bosque mediterráneo e a súa biodiversidade, segundo informa a compañía.


A cantidade doada destinarase ao proxecto que a ONG desenvolve na Sierra de Alcublas, na comarca dos Serranos (Valencia), destruída por un incendio en 2012 no que arderon máis de 20.000 hectáreas.


Os 'miniglús' seguen á venda no supermercado do Corte Inglés, Hipercor, Supercor e Supercor Exprés, e trátase do clásico colector verde pero en miniatura, cunhas dimensións aptas para calquera cociña e capacidade para ata sete envases, co que se facilita a separación e a reciclaxe doméstica de vidro.


A colaboración do Corte Inglés con Ecovidrio WWF España súmase ás relacións con outras entidades que promoven o consumo repsonsable de materias primas e traballan pola recuperación de espazos naturais.

relacionada ONCE, El Corte Inglés e Mercedes Benz, as marcas con mellor reputación

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE