Feijóo, sobre a dimisión de Aguirre: "Fixo o correcto"

O presidente da Xunta destaca sobre a ex concelleira que "sen estar procesada en ningún sumario actuou con coherencia"


|

Feijoo4

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, manifestou que Esperanza Aguirre fixo "o correcto" e cualificou de "moi oportuna" a súa decisión de dimitir como edila e portavoz do PP no Concello de Madrid, despois das detencións dos últimos días no marco da 'Operación Lezo', entre elas a de Ignacio González, o que fora un dos seus dirixentes máis próximos.


En declaracións aos medios en Bruxelas, Feijóo sinalou que el xa indicou antes da dimisión de Aguirre que entendía que o sucedido tiña "un gran impacto persoal, emocional e político" na dirixente popular.


Por iso, manifestou a súa convicción de que, ao dimitir, "fixo o correcto". Ao seu xuízo, a súa decisión "foi coherente hónraa", xa que, "sen estar procesada en ningún sumario, actuou con coherencia" en relación "aos principios de conduta política".


"Ás veces en política cométense erros por acción e outras por omisión e a culpa de non vixiar coa suficiente intensidade determinadas actuacións presuntas dos seus máximos colaboradores levoulle a tomar esta decisión, que eu creo que é coherente e paréceme moi oportuna", resolveu.

relacionada Esperanza Aguirre dimite de todos os seus cargos
relacionada Rafael Catalá mandoulle un SMS a Ignacio González enviándolle "un abrazo"
relacionada Zaplana e Villar Mir, investigados na 'operación Lezo'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE