Rafael Catalá mandoulle un SMS a Ignacio González enviándolle "un abrazo"

O ministro desvincula a mensaxe das investigacións contra o ex presidente madrileño, que tivo un micrófono oculto no seu despacho.


|

Rafaelcatala


"Grazas Nacho. Un forte abrazo. Oxalá se pechen pronto as leas". Así rezaba o SMS que o ministro de Xustiza enviou a Ignacio González en novembro, segundo confirmou o propio ministerio que dirixe Rafael Catalá. Con todo, desvinculan esta última frase de calquera asunto xudicial que puidese estar relacionado co ex mandatario madrileño.


Segundo as fontes consultadas, a dita mensaxe era unha resposta á felicitación que González lle enviou tras coñecerse a súa confirmación como ministro de Xustiza no novo goberno de Mariano Rajoy. 


Segundo informou o diario dixital 'El Español', no momento de enviarse esta mensaxe polo ministro o telefóno de González xa se atopaba intervido. Ademais, o ex mandatario madrileño referiuse a esta mensaxe do ministro nunha conversación posterior co presidente do Atlético de Madrid, Enrique Cerezo, quen lle dixo a González: "Falei o outro día con Rafa, que o estaban mirando, Nacho", en relación ao caso do ático do ex presidente madrileño en Estepona.


UN MICRÓFONO NO DESPACHO


O fiscal Anticorrupción, Manuel Moix, confirmou este martes que os investigadores colocaron un micrófono no despacho do ex presidente madrileño Ignacio González pero opinou que esta medida non se debeu a que González e a súa contorna estivesen recibindo filtracións sobre a investigación que lles afectaba.


Segue lendo a información en Pressdigital.

relacionada O número dous de Interior responderá pola reunión co irmán de Ignacio González
relacionada Catalá gaña o cesamento
relacionada O tribunal chama a Rajoy a declarar como testemuña no xuízo da trama Gürtel

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE