Unha funcionaria 'okupa' o despacho dun fiscal de Santiago por falta de medios

O "disparate" comezou cando a Xunta a enviou como reforzo á Fiscalía co posto, sen un sitio onde sentar a traballar.


|

Papeleodocumentos


UGT denunciou hai unha semana que a funcionaria de reforzo nomeada para a Fiscalía da área de Santiago pola Consellería de Presidencia non dispoñía dos medios necesarios para realizar o seu traballo: "nin computador, nin mesa, nin cadeira onde sentar", segundo o sindicato.


"Lonxe de solucionar a situación, o disparate foi en aumento", advirte este luns nun comunicado de prensa no que sinala que, "xusto ao día seguinte da denuncia de UGT, a Dirección Xeral de Xustiza enviou á Fiscalía de Santiago unha mesa e unha cadeira".


"As cales a día de hoxe seguen embaladas porque non hai sitio onde colocalas", critica a central, que engade que "non se enviou computador algún".


Así, indica que a funcionaria de reforzo "vese obrigada a estar de 'okupa' no despacho dun fiscal que se atopa de baixa porque non ten onde situarse para traballar".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE