Os traballadores do CTRIG das Somozas denuncian despedimentos e trato "vexatorio"

|

Sogarisaassomozas


O comité de empresa da UTE (Unión Temporal de Empresas) PMA-Conteco, nova concesionaria do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG), situado no municipio das Somozas (A Coruña), coñecida anteriormente como Sogarisa, denunciou o despedimento de dous traballadores despois de que no mes de xaneiro deste ano se producise o inicio da xestión do novo adxudicatario desta infraestrutura, propiedade da Xunta.


Os representantes dos traballadores tamén denuncian que a actitude dos novos xestores é "vexatoria" e de "malos tratos" cara aos empregados, sobre todo por parte dalgúns dos responsables da nova UTE.


Tamén destacaron que a Xunta xa abriu un expediente sancionador aos actuais xestores, na anterior etapa, cando formaban parte de Sogarisa, como consecuencia de non cumprir a ordenanza ambiental. Isto debeuse ao ser detectada a instalación dunha liña de evacuación que "presuntamente sería utilizada para realizar verteduras de lixiviados cara ao río Mera", residuos estes que conterían, segundo apuntaron fontes consultadas por Europa Press, "metais pesados".


Dita situación púxose en coñecemento da inspección ambiental a través dun membro do comité de empresa, o que no seu momento provocou que a dirección, como medida de represalia, interpuxo a este unha sanción de suspensión de emprego e soldo durante 60 días.


"NINGÚN TIPO DE MEDIDA"


A sanción deste delegado foi cumprida nos meses de xaneiro e febreiro deste ano e esta situación foi denunciada ante a autoridade xudicial, polo que se fixou para o próximo 4 de maio o xuízo.


Os traballadores tamén denunciaron que esta situación, a instalación dunha liña de evacuación, foi posta en coñecemento do goberno municipal das Somozas, a cuxo fronte se atopa Juan Alonso Tembrás (PP), "sen que este adoptase ningún tipo de medida e dando por certas as explicacións da empresa, sen chegar a investigar o sucedido", segundo lamentan.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress