Case 50 empresas galegas estarán presentes no Salón Gourmets de Madrid

Está considerado o certame profesional "de referencia no sector da gastronomía de calidade en Europa".


|

Salongourmets


Este luns arrinca en Madrid a XXXI edición do Salón Internacional de Gourmets, onde estarán presentes un total de 48 empresas galegas dos sectores da agricultura e do mar.


Segundo informou a Xunta este domingo, o salón, que terá lugar no recinto feiral Juan Carlos I (Ifema), está considerado como o certame profesional "de referencia no sector da gastronomía de calidade en Europa".


Alí estará a titular de Medio Rural, Ángeles Vázquez, quen asistirá á inauguración da feira, onde estará acompañada pola directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo e pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez.


As empresas galegas ocuparán unha superficie total de 654 metros cadrados nas que estarán representadas 26 negocios do ámbito rural --vinícolas, produtos ecolóxicos, lácteo, empresas cárnicas, cogomelos, castañas, sobremesas, etc--.


As restantes 22 pertencen ao sector marítimo-pesqueiro --industria conserveira, produtos do mar ecolóxicos, entre outros--, que realizarán catas e degustacións dos seus produtos.

relacionada A Ruta gastronómica da Lamprea recibe o premio Excelencias Gourmet en Fitur
relacionada O Fórum Gastronómico da Coruña clausura a súa edición "máis exitosa"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE