O número dous de Interior responderá pola reunión co irmán de Ignacio González

|

Joseantonionieto


O secretario de Estado de Seguridade, José Antonio Nieto, anunciou este domingo que ten intención de solicitar "a petición propia" a súa comparecencia no Congreso dos Deputados, "se non o fai o PSOE", tras os feitos coñecidos sobre a operación 'Lezo', á vez que subliñou que non ten "nada que ocultar" e está "absolutamente tranquilo".


En declaracións aos xornalistas na localidade cordobesa de Priego de Córdoba, o número dous do Ministerio do Interior explicou que no momento que se reuniu con Pablo González, o irmán do ex presidente da Comunidad de Madrid Ignacio González, o día 8 de marzo "non tiña ningunha referencia de que se estaba producindo unha investigación, como a que logo se soubo e que se denomina operación 'Lezo', e moito menos que nesa operación puidese estar afectada esta persoa".

relacionada Ignacio González, detido nunha operación contra a corrupción no Canal de Isabel II
relacionada As cifras da corrupción: 87 no cárcere e 659 procesados
relacionada Ignacio González e a súa muller blanquearon o seu "dinerillo B" en garderías

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress