Pérez Canal preséntase á reelección como presidente da CEO

Mostrouse disposto a traballar para mellorar as condicións das empresas asociadas e do empresariado da provincia en xeral


|

Perezcanaljorgecebreiros

Pérez Canle (esq) con Jorge Cebreiros (dcha) // EP


José Manuel Pérez Canal presentou este venres a súa candidatura á reelección como presidente da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), unha lista que definiu como "solvente, equilibrada, representativa e ambiciosa" para facer fronte "ao reto de dirixir a CEO no próximos catro anos.


Pérez Canle mostrouse disposto a traballar para mellorar as condicións das empresas asociadas e do empresariado da provincia en xeral, achegando o seu "gran de area" para "contribuír a liquidar os problemas e retos pendentes da sociedade ourensá".


A candidatura, que definiu como resultado do equilibrio entre integración e confianza, está encabezada polo propio José Manuel Pérez Canal e integrada por Alejandro Cruz Iglesias, José Manuel Díaz Barreiros, Marisol Nóvoa González e Manuel Maneiro López como vicepresidentes; tesoureiro, Juan Manuel Piñeiro Rivas.


Ademais, como contadora, Rosa María Sánchez Gándara; vogais, Eligio Neto Lamas, Beatriz Gómez Valcárcel, Eduardo Cid Fernández, María del Carmen Rodríguez González, Antonio Dieter Moure, Manuel Carballeda Ramos, Severino González Álvarez, Vicente Vázquez Agromayor, Benito Iglesias Padrón e Manuel González García.

relacionada Feijóo ve á CEG "en situación límite"
relacionada Pontevedra pedirá a suspensión temporal na CEG e Ourense podería seguir o mesmo camiño

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE