A desaparecida en Ourense mantiña vínculos con seitas apocalípticas

Foi vista por última vez por un grupo de mozos na estación de autobuses en aparente estado de alleamento


|


Desaparicionourense


Efectivos de Protección Civil, da Garda Civil e da Policía de Montaña colaboran na procura da ourensá Belén R.E. (57 anos), desaparecida do seu domicilio desde o pasado 7 de abril e que, segundo fontes da investigación, foi vista por última vez por un grupo de mozos na estación de autobuses en estado de alleamento.


A procura comezou a redor desa zona próxima ao río Miño e a Policía Nacional non descarta ningunha hipótese: que marchara de forma voluntaria, que sufrise un accidente ou que fose vítima dunha agresión.


As persoas da contorna de Belén R.E. confirmaron á investigación que a muller mantiña vínculos con grupos que aseguraban predicir o fin do mundo, aínda que non eran de carácter destrutivo.


En caso de non obter resultados durante o fin de semana o luns está prevista a posta en marcha dun dispositivo de procura metódica por parte de todas as forzas de seguridade.


DESAPARICIÓN


Belén R.E. desapareceu do seu domicilio o sete de abril, despois de ir a comer coa súa nai no domicilio desta na rúa Cardenal Quiroga, no centro da cidade.


Desde entón a muller non pasou polo seu negocio de turismo rural nin mantivo contacto con ningún coñecido. O seu irmán presentou este mércores denuncia no Cuartel da Policía Nacional.

relacionada A Policía investiga a "desaparición inquietante" dunha ourensá de 57 anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE