O Parlamento demanda un plan para eliminar puntos negros das estradas galegas

|

Curvascarretera


O Parlamento aprobou este mércores por unanimidade pedir á Xunta que se dirixa ao Ministerio de Fomento para que elabore un plan de actuacións encamiñado a eliminar os puntos negros das estradas estatais na comunidade galega.


Foi en comisión parlamentaria a instancias do deputado do BNG Luís Bará, e a súa proposición non de lei concitou o respaldo dos demais grupos (PPdeG, En Marea e PSdeG).


Ademais, aprobouse, só con abstencións, unha iniciativa do PPdeG para requirir á Xunta que "estude" as medidas "oportunas" para mellorar a seguridade viaria da estrada LU-664 no tramo da rolda María Emilia Casas Baamonde de Monforte.

relacionada Galicia pechou a Semana Santa con dous falecidos en accidentes de tráfico
relacionada A sinistralidade nas estradas galegas cae á metade respecto ao ano pasado

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress