Enfermería familiar urxe a apertura de listas e acusa ao Sergas de "menosprezo"

CIG-Saúde, CCOO, CSIF e UGT apoian á asociación galega de enfermería familiar na súa demanda de incorporación xa este ano. 


|

Cigsaudeenfermeriafamiliar


Uns 200 enfermeiros especialistas na categoría de familiar e comunitaria esixen á Consellería de Sanidade que abra "xa" as listas de selección temporal para que cese o trato "impresentable" que sofre este colectivo.


A asociación galega de enfermería familiar e comunitaria compareceu este mércores arroupada polos sindicatos CIG-Saúde, CCOO, CSIF e UGT, que apoian a estes enfermeiros na súa demanda para que as primeiras incorporacións se produzan este ano.


En concreto, reclaman que na reunión da comisión de seguimento do pacto de contratacións que se convocará este trimestre se inclúa na orde do día a apertura das listas de enfermeiros de familia.


Esta categoría foi habilitada por un decreto de xuño de 2016 pero por agora só existe "no papel" e "non na realidade", segundo denunciou, na rolda de prensa, a portavoz da CIG, María José Abuín.


"MALGASTO" E "MENOSPREZO"


Pola súa banda, o presidente da asociación, Francisco Represas, ante un numeroso grupo de enfermeiros de familia, denunciou o "lamentable" de ter que estar a solicitar algo que "unha administración con sentido común" realizaría "de inmediato".


Neste sentido, contrapuxo o que ocorre en Galicia co que pasa noutras comunidades como Asturias, País Vasco, Madrid, Cataluña e Castela-A Mancha, entre outras, onde "aproveitan" aos seus enfermeiros formados. E é que os enfermeiros especialistas deben pasar, tras o grao, a proba selectiva EIR, equivalente ao MIR en medicina.


Represas censurou o trato "impresentable" que reciben, e o "menosprezo", ademais do "malgasto de diñeiro público", posto que, segundo os seus números, un residente custa ás arcas públicas uns 60.000 euros anuais. "Para que está a investir o Sergas?", preguntou.


O representante da asociación que engloba aos enfermeiros de familia de Galicia avisou á Xunta de que xa "non valen escusas" nin "postureos". "A pelota está no tellado do Sergas", incidiu, antes de clamar por "feitos", nun trato "digno e igualitario" con respecto a outras especialidades.


DIFERENCIA RETRIBUTIVA "RIDÍCULA"


No que respecta a enfermería, existen outras como a de pediatría, xeriatría e saúde mental, e só para estas dúas últimas abríronse xa as listas. No caso dos enfermeiros pediatras, atópanse na mesma situación que os de familia, aínda que son un colectivo moito menos avultado.


"O Sergas non aposta polas especialidades", criticou Abuín, algo que atribuíu a que prefire a "man de obra barata", aínda que a diferenza retributiva dos enfermeiros especialistas é, segundo dixo, "ridícula", de entre 50 e 60 euros, de acordo cos seus datos. "A calidade asistencial importa pouco", remachou o portavoz dos enfermeiros de familia.

relacionada A metade dos médicos non teñen praza e un terzo traballa con contrato "precario"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE