O xuíz convoca os pais de Diana Quer para trasladarlles o estado da investigación
O caso está aínda baixo segredo de sumario e polo momento todas as hipóteses mantéñense abertas.
O titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ribeira (A Coruña), Félix Isaac Alonso Peláez, convocou este mércores os pais da desaparecida Diana Quer a unha reunión para trasladarlles persoalmente o estado da investigación.
Segundo informaron fontes xudiciais, o encontro ao que están citados tanto Diana López-Pinel como Juan Carlos Quer terá lugar nos xulgados de Ribeira a partir das 12,00 horas.
A madrileña Diana Quer desapareceu na madrugada do 22 de agosto de 2016 tras asistir ás festas da localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal, onde veraneaba coa súa nai e irmá menor. A investigación, a falta do que decida o xuíz, está aínda baixo segredo de sumario.
Despois das dilixencias e probas practicadas ata a data, entre elas a localización do seu teléfono móbil e numerosas tomas de declaracións, polo momento todas as hipóteses seguen abertas.
Escribe o teu comentario