Galicia pechou a Semana Santa con dous falecidos en accidentes de tráfico

|

Accidentemoto


Galicia pechou este ano a Semana Santa con dous falecidos en accidente de tráfico, o que supón un menos que as vítimas mortais rexistradas nas estradas da Comunidade durante este mesmo período o ano pasado.


Así o recollen os datos feitos públicos este martes pola Dirección Xeral de Tráfico, que evidencian que a Semana Santa de 2017 é a que menos vítimas mortais na estrada rexistrou desde a de 2013, cando se produciu un único falecemento.


Un total de 29 persoas faleceron nas estradas españolas durante a Semana Santa, desde as 15.00 horas do venres 7 de abril ás 24.00 horas deste luns, 17 de abril.


Trátase de 12 vítimas mortais menos que en 2016, ano no que durante este período vacacional se rexistrou un grave accidente de autobús en Tarragona no que perderon a vida 13 persoas. Deste xeito, a Semana Santa rexistra a segunda mellor cifra desde que se teñen rexistros en España, segundo confirmaron a Europa Press fontes da DXT. Só en 2013 se rexistrou unha cifra menor, con 24 vítimas mortais.


Este ano, seis dos 16 falecidos que viaxaban en turismo ou furgoneta non facían uso do cinto de seguridade. Tampouco facía uso do casco uno dos catro falecidos que se desprazaba en bicicleta.


A saída de vía segue sendo o tipo de accidente máis frecuente, con 13 falecidos. En colisións frontais faleceron 5 persoas, cifra idéntica á do ano pasado e 2 faleceron atropeladas.


Ademais, neste período vacacional non faleceu ningún menor de 14 anos nin maior de 75 anos. O grupo de idade con maior número de falecidos foi o de 45 a 54 anos con 7 falecidos, seguidos do grupo de 55 a 64 anos con 6 falecidos e de 35 a 44 con 5 falecidos.


O tramo horario que máis accidentes mortais rexistra foi entre as 07.00 e as 20.00 horas con 23 falecidos. Desde as 20.00 horas ás 06.59 faleceron as seis restantes.

relacionada O último fin de semana de Semana Santa deixa un morto en estradas galegas
relacionada A DXT trata de que nos afagamos a levantar o pé do acelerador
relacionada A DXT activa 225 cámaras para controlar o uso do cinto de seguridade

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress