O tribunal chama a Rajoy a declarar como testemuña no xuízo da trama Gürtel

|

Rajoygurtel


O tribunal que xulga a primeira época da trama Gürtel (1999-2005) aceptou citar a declarar en calidade de testemuña ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, para que certifique se existiu unha caixa B no Partido Popular durante a súa etapa de secretario xeral e como director en varias campañas electorais que se investigan nesta causa. A petición prosperou -á terceira-, a petición a acusación popular que exerce a Asociación de Avogados Demócratas por Europa (ADADE).


A decisión adoptouse a pesar da posición contraria tanto da Fiscalía como do avogado do Estado, o avogado do PP e varios letrados da defensa. "Por maioría a Sala considera esta proba admisible", sinalou o presidente do tribunal, Ángel Furtado.


Ao comezo da sesión coa que se renovou a vista por este caso a fiscal Concepción Nicolás mostrouse contraria á petición de testifical de Rajoy por considerala "inútil e innecesaria" xa que "nada cambiou" respecto ao pasado mes de outubro, cando se rexeitou a testifical do presidente do Goberno ao comezo do xuízo.


A fiscal argumentou tamén que a citación de Rajoy a estas alturas do xuízo sería "redundante" porque os feitos que a acusación particular pretende que se confirmen co testemuño do presidente do Goberno, como é a existencia dunha caixa B no PP que podería beneficiar a algún dos acusados xa foi suficientemente acreditada por outras probas ou documentos. 


O avogado do Estado sinalou pola súa banda que esta declaración é "inútil e redundante" e non cambiaron as circunstancias, non apareceron novos elementos que sustentasen a petición de ADADE. Á negativa do representante dos servizos xurídicos do Estado uníronse varios avogados das defensas dos axuizados nesta peza de "Gürtel" e o avogado do PP, que destacou a "improcedencia" da dilixencia, que consideran que sería "perturbadora" e contribuiría ao "circo mediático".


A Sala mostrara contrario a esta pretensión ao comezo do xuízo o pasado mes de outubro cos mesmos argumentos que utilizou nunha primeira ocasión, en febreiro de 2016.

relacionada Anticorrupción pide reabrir o caso de 'contabilidade B' do PP

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress