Oncomet: "Non se trata de competir co Sergas; é un proxecto de investigación para sumar"

O grupo de investigación da biopsia líquida traballará para "devolver á sociedade a súa xenerosidade" e conseguir que o cancro "se controle"


|

Laboratorioexperimentofarmacosoncomet


O responsable do grupo de investigación Oncomet, Rafael López, que xa recadou case 600.000 euros a través do micromecenazgo para a investigación da biopsia líquida, garantiu este martes que traballarán para "devolver á sociedade a súa xenerosidade" e conseguir que "o cancro se controle".


Durante a súa participación nos 'Almorzos' da Radio Galega, Rafael López asegurou que lles sorprendeu "a repercusión social e económica da súa campaña". "Isto demostra que é un asunto importante para a sociedade e que esta forma de colaboración para a investigación é necesaria", indicou.


Tras agradecer as achegas, o responsable comprometeu o traballo investigador para conseguir que haxa "un día en que o cancro se controle e as curacións sexan maiores que na actualidade".


O promotor do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago mencionou o exemplo de países como Inglaterra, onde un 40 por cento de toda a investigación médica procede do mecenado. "Non se trata de competir co Sergas; é un proxecto de investigación para sumar", exemplificou.


Do mesmo xeito, explicou que "nos próximos anos isto vai cambiar e a maior parte das empresas terán que reverter o que gañan na propia sociedade con achegas deste tipo".


O diñeiro conseguido a través da campaña destinarase á contratación de persoal, instrumental e máquinas para levar a cabo o proxecto de investigación, moi ambicioso, dentro do campo da biopsia líquida.

relacionada A campaña da biopsia líquida supera o seu obxectivo de 500.000 euros no seu último día

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE