Crecen en Galicia os desaloxos de familias non pagar o aluguer

"Segue habendo desafiuzamentos", uns 2.000 ao ano en Galicia, segundo Stop Desafiuzamentos Lugo. A Xunta remite aos afectados ao bono de aluguer social.


|

Desafiuzamentos


O presidente da plataforma Stop Desafiuzamentos Lugo, Pancho Torrente, alertou este martes dun incremento de casos de desaloxos por falta de pagamentos de aluguer.


Esta entidade, que leva actualmente quince casos en Lugo, advertiu de que "segue habendo desafiuzamentos" e de que "o número global, que anda polos 2.000 en Galicia ao ano, é similar". "Pode haber unha pequena diferenza de cen, pero non deixa de ser un número moi elevado", apostilou.


Torrente chamou a atención sobre o incremento de casos por "falta de pagamentos de aluguer", en tanto que se viron reducidos os que teñen que ver con hipotecas bancarias. "É verdade que son menores os casos de bancos e son maiores principalmente por alugueres que non se poden pagar", destacou.


BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL


A Xunta recomendou á parella con tres fillos menores de idade --de 15, 12 e 10 anos-- que ten orde de desafiuzamento para finais do próximo mes de maio que solicite o Bono de Alugueiro Social, xa que entende que se trata da "solución máis conveniente para o caso".


A Administración autonómica, despois de que a Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) pedise este luns máis medios e implicación da Xunta e o Concello ante este desafiuzamento, indicou que tivo coñecemento deste caso "hai varios días" a través do colectivo 'Os Ninguéns'.


Así as cousas, manifestou que, tras realizar unha primeira análise, recomendou á familia que solicitase o citado bono, que consiste nunha axuda mensual de 200 euros máis unha axuda adicional de 600 euros. As familias en risco de desafiuzamento poden destinar estas contías para pagar débedas atrasadas ou a formalizar o contrato de aluguer dunha nova vivenda, segundo explicou.


Neste marco, e ante "a persistencia do problema desta familia", o servizo provincial da Consellería de Vivenda en Pontevedra contactou novamente este luns con 'Os Ninguéns' para "reiterar o ofrecemento desta axuda que a familia non solicitou ata agora".


Pola súa banda, o Concello de Vigo transmitiu, noutro comunicado, que os servizos sociais municipais "son coñecedores da traxectoria e da situación desta familia desde hai tempo e, como tal, actuouse en consecuencia e acorde á lei".

relacionada ​O bono de aluguer social amplía a súa duración e beneficiarios
relacionada Veciños de Vigo piden implicación institucional ante o desafiuzamento dunha parella con tres fillos
relacionada Suspendido o xuízo para desafiuzar unha familia de Ferrol con cinco fillos menores de dez anos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE