Caballero accede a levar ao pleno de Zona Franca os convenios da ETEA

Insiste en denunciar o "chantaxe" da Xunta, que "non pon nada, leva 5,5 millóns" e proclama que nunca prexudicará á Universidade


|

Caballerosalustianomato


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns que convocará ao reitor da Universidade para trasladarlle a súa decisión de acceder a levar ao pleno de Zona Franca os convenios da ETEA, o que permitirá a instalación do Campus do Mar nese espazo, aínda que insistiu en denunciar o "chantaxe" da Xunta, que "leva 5,5 millóns de euros da cidade" nesa operación.


En declaracións aos medios, o rexedor olívico confimou que, "en vista da cerrazón da Xunta", e de que non haberá doazón dos terreos por parte do Goberno galego, dará luz verde para que o pleno de Zona Franca someta a votación os convenios que permitirán recuperar os espazos na antiga ETEA e destinalos ao Campus do Mar.


"Nou serei eu quen se poña enfronte da Universidade, non a vou prexudicar xamais. O reitor di que necesita os edificios, e non vou deixar á Universidade sen os seus proxectos europeos", asegurou Caballero quen, con todo, matizou que "a Xunta só quere de Vigo levar diñeiro", como os 5,5 millóns que, insistiu, vai obter con esta operación.


O alcalde sinalou que convocará o pleno de Zona Franca unha vez que se reúna co reitor e insistiu en que é a Xunta, coa súa "chantaxe", a que "fai que sexa Zona Franca quen pague". "Poñerémolo na lista do que a Xunta debe a Vigo", sentenciou.


CAMBIO DE POSTURA


A instalación do Campus do Mar nos antigos terreos da ETEA estivo rodeada de polémica desde que, hai case un ano, Caballero anunciou que "nunca", mentres el sexa alcalde (e, por tanto, presidente do pleno de Zona Franca), permitiría que se aprobase o convenio pactado entre a Xunta, a Universidade e a entidade estatal para "regalar" 5,5 millóns de euros ao goberno autonómico.


O rexedor mantivo, de feito, bloqueada a aprobación dos orzamentos de Zona Franca durante meses, xa que se contemplaba a partida para dar cumprimento a eses convenios. Cando finalmente accedeu a convocalo, fíxoo sen permitir que os acordos sobre a ETEA fosen sometidos a votación e propuxo, como contrapartida, que fose a Xunta a que doase gratuitamente os terreos na ETEA, e que Zona Franca achegase 5,5 millóns á institución académica para proxectos de investigación.


Hai varias semanas, Caballero deu un ultimato ao Goberno galego, ao que trasladou unha moción aprobada no Concello requirindo a doazón dos edificios. O alcalde deu ao Executivo autonómico un prazo de cinco días para responder, un prazo que xa expirou, e este luns explicou que ese ultimato era unha medida para "saber ata onde chegaba" o executivo autonómico.


"A Xunta de Galicia está disposta a deixar á Universidade sen o Campus do Mar con tal de levar 5,5 millóns. E é bo que a cidade o saiba, que a Xunta non pon nada, leva 5,5 millóns. Quería a aparencia de que apoiaba o Campus do Mar, e non o apoia en absoluto", sentenciou.


ZONA FRANCA CELEBRA "O CAMBIO DE ACTITUDE"


A delegada do Estado en Zona Franca, Teresa Pedrosa, celebrou este luns o "cambio de actitude" do alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen accedeu a levar ao pleno do organismo estatal os convenios que posibilitarán a instalación do Campus do Mar nos terreos da antiga ETEA.


A través dun comunicado, Pedrosa reiterou o seu "firme e incontestable" vontade de participar, xunto coa Xunta e a Universidade de Vigo, no proxecto do Campus do Mar, e reiterou que a operación pactada con ambas as institucións non supón "regalar nin un só euro" ao goberno galego.


Así, repetiu que o convenio permitirá a Zona Franca cobrar parte da débeda da Xunta en especie, e regularizar o pago da débeda restante. Nesa operación, Zona Franca recupera varias parcelas da ETEA, entre elas o edificio Faraday, que cederá á Universidade por 40 anos.


Teresa Pedrosa expresou o seu desexo de que Caballero convoque canto antes o Pleno de Zona Franca para someter a votación os convenios da ETEA, e poder así participar nun "proxecto vital para o futuro de Vigo".

relacionada Feijóo urxe a Caballero a que colabore para desbloquear o Campus do Mar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE