O alcalde de Santiago traslada a Tejerina a súa "indignación" cos orzamentos

Segundo Noriega, as partidas que o Estado destina á capital galega supoñen "unha caída do investimento a niveis de hai 14 anos"


|

Noriegamartinho


O alcalde de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta), reúnese este luns coa ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, á que trasladará o seu "malestar" e "indignación" polos Orzamentos Xerais do Estado, xa que considera que supoñen "o incumprimento de importantes compromisos adquiridos coa cidade".


Nunha comparecencia de prensa celebrada a comezos de mes, censurou que as contas teñen "moitas máis sombras que luces", pois o que destina o Estado a Santiago, do mesmo xeito que a Galicia, padece "unha caída do investimento a niveis de hai 14 anos".


Entre outras cuestións, Noriega tachou de "incomprensible" que non se inclúa unha partida para a humanización da rotonda de Conxo, dado que "foi un compromiso adquirido pola propia exministra de Fomento Ana Pastor nunha visita ao barrio na que mostrou planos dun anteproxecto".


Tamén reprocha como "dificilmente incomprensible" que non exista "nin partida para a depuradora nin proxección orzamentaria para esta infraestrutura, que tamén está comprometida".


Así mesmo, lamentou que os orzamentos rebaixen a partida para o Consorcio nun 2,5%, xusto "cando se está facendo un enorme esforzo para reactivar este organismo a través dunha reunión do Real Padroado".

relacionada Noriega, escéptico ante a anulación 'in extremis' da súa reunión con Tejerina
relacionada Seguen as acusacións cruzadas entre a Valedora e Noriega polo "sesgo" con Santiago
relacionada Sáenz de Santamaría rexeitou reunirse con Noriega na súa visita a Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE