O reitor de Vigo reclama máis prazas ligadas á capacidade económica da Universidade

|

Rectorvigosalustianomato


O reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, reclamou que se suprima o límite da taxa de reposición para a convocatoria de prazas na Universidade e pediu que se autoricen prazas en función da capacidade económica de cada institución. "Nós imos convocar o cento por cento de reposición porque somos unha universidade saneada", defendeu en relación aos próximos anos.


"Nós estamos a loitar porque se suprima a taxa de reposición e o que debería facer o Ministerio de Facenda no mundo universitario é suprimir a taxa de reposición e autorizar as prazas en función da capacidade económica que ten cada universidade, que é o xusto, porque así creariamos máis emprego e consolidariamos máis investigadores", aseverou nunha entrevista en Radio Galega.


A continuación, Mato reivindicou que a institución olívica está "saneada" e concluíu que ten "músculo económico e necesidades para ir a máis": "Non nos chega a taxa de reposición".


O reitor da Universidade de Vigo tamén defende a pervivencia de duplicidades de títulos no sistema universitario galego. "Parece que está de moda pensar que títulos duplicados son ineficientes. Non. Non. Absolutamente non", remarcou. E é que argumenta que hai carreiras nas que a demanda social xustifica a duplicidade e poñen como exemplo enfermería ou maxisterio. "Estes títulos non teñen problema porque se ocupan todas as prazas", sinalou.


En todo caso, defendeu o traballo de coordinación que se está facendo coa Consellería para orientar eses títulos "en darlles matices moi ligados á especialización".


De feito, entende que a revisión iniciada do mapa de titulacións debe responder a dous criterios: a especialización dos campus e a atención da oferta universitaria á demanda social.

relacionada As Universidades galegas poderán 'saltarse' o mínimo de alumnos en titulacións 'singulares'
relacionada Universidades e Xunta poñen a primeira pedra para a reforma do mapa de titulacións
relacionada Alarma entre os investigadores das universidades por un cambio masivo nos seus contratos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress