O Tribunal de Contas chama aos partidos a reformular o 'mailing' electoral

|

Sobreselecionesmailing


O Tribunal de Contas instou aos partidos para reformularse o envío gratuíto de propaganda electoral nas campañas, coñecido como 'mailing', e aposta por outras fórmulas que permitan aforrar diñeiro e que vinculen as subvencións aos correos enviados, o que evitaría un certo sobrefinanciamento das formacións.


No seu informe de fiscalización sobre as últimas eleccións xerais, recollido por Europa Press, a institución que preside Ramón Álvarez de Miranda sinala que "sería conveniente avaliar a eficiencia material e económica dos envíos directos e persoais aos electores de sobres e papeletas ou de propaganda electoral, tal e como se realizan na actualidade".


Por unha banda, argumenta que a dispoñibilidade dos sobres e papeletas nas mesas electorais está garantida, o que fai innecesario envialos por correo ordinario aos domicilios dos electores, e por outro, en canto á remisión de propaganda dos partidos, aconsella estudar "a posibilidade de implantar un novo procedemento, máis acorde co actual desenvolvemento dos medios e técnicas de información, que ofreza maiores garantías na súa execución e permita reducir os fondos públicos destinados ao seu financiamento".


Ademáis, suxire "reconsiderar" o criterio establecido na lexislación electoral en relación coa subvención ao 'mailing', polo que se aboa unha cantidade fixa por elector en cada unha das circuscricións nas que presentase candidatura sempre que este obtivese polo menos un escano.


POLO MENOS QUE A SUBVENCIÓN SEXA FINALISTA


Nese sentido, o Tribunal de Contas avoga por fixar a axuda económica "atendendo ao número de envíos xustificados en cada circunscrición, co límite máximo do número de electores", o que convertería a subvención en finalista, aforraría diñeiro e evitaría un certo sobrefinanciamento dos partidos, que ata agora reciben o diñeiro por elector, aínda que en realidade enviasen uns poucos sobres.


Noutro punto do informe, a institución fiscalizadora pide tamén precisar na lexislación electoral "co maior detalle posible", as categorías de gastos imputables á subvención polo envío directo e persoal de sobres e papeletas ou de propaganda electoral.


O 'mailing' xa foi obxecto de debate en vésperas da repetición das eleccións xerais, pois partidos como Ciudadanos e Podemos propuxeron, como fórmula de aforro, que a Administración se fixese cargo dun único envío coas papeletas de todos os partidos, pero formacións como o PP, PSOE e PNV rexeitárono apostando por manter o sistema actual para que cada un envíe as súas propias papeletas e logo llelo pague o Estado.

relacionada España prepárase ante posibles ciberataques ou interferencias rusas nunhas eleccións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress