Ampla representación de Galicia na Feira do Queixo de Taramundi

Houbo expositores das DOP de Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e do Cebreiro.


|

Queixo


O Concello de Taramundi en colaboración coa consellería de Desenvolvemento rural e recursos naturais celebrou a XXII Feira do Queixo e Produtos Locais de Taramundi.


Déronse cita nesta feira máis de 40 expositores, cunha ampla representación de queixerías artesanais de Asturias, Galicia, Cantabria, Castela e Estremadura.


Entre os queixos presentes na feira destacan os que teñen recoñecida unha DOP (Denominación de orixe protexida) coma o queixo Cabrales, Gamoneu, Afuega'l Pitu, Queixo Casín Los Beyos, Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa, Torta del Casar, Queixo do Cebreiro, Quesucos de Liébana, Picón Bejes-Tresviso.


Houbo máis variedade de queixos que en edicións anteriores. Tamén viño DOP Cangas e cervexa artesanal. Entre os produtos locais, ademais das artesanía tradicional da zona de coitelos e navallas, tear e coiro puidéronse comprar produtos agroalimentarios do concello como pan, bolos preñados, empanadas, mel, ovos camperos, sidra, marmeladas e zume de arándanos.


Entre as actividades que se realizaron durante a feira destaca o taller de elaboración de queixos a cargo da quesería artesanal Eo-Leche Taramundi.

relacionada 10.000 queixos e 3.500 pezas de pan para celebrar 25 anos da Feira do Queixo e Pan de Friol

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE