Un condutor novel atropela a catro galegos en Palma de Mallorca

|

Ambulanciapalma


Cinco persoas foron atropeladas este sábado sobre as 10,15 horas nas Avenidas de Palma por un condutor novel duns 20 anos que perdeu o control do coche e invadiu a beirarrúa.


As vítimas foron catro turistas procedentes de Galicia e un residente en Palma, tres homes e dúas mulleres, con idades comprendidas entre os 25 e os 70 anos. Segundo o 061, están a ser atendidos en diversos centros da cidade con feridas de diferente consideración, tras ser trasladados por cinco ambulancias.


O condutor, que foi detido por un delito de lesións e contra a seguridade viaria, é un mozo duns 20 anos de orixe magrebí residente en Mallorca desde hai "moitos anos", que obtivo o carné de conducir fai uns dous meses, informou a Policía Local.

relacionada Falece un ciclista atropelado en Poio que quedou atrapado debaixo do coche
relacionada Ferido un neno de seis anos en Fene ao sufrir un atropelo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress