Rescatan a catro persoas perdidas pola Serra do Xurés e unha en Pena Trevinca

|

Alpifylocalizacion


Dous adultos e dous menores, de nove e 12 anos, foron localizados este venres pola tarde polos efectivos do GES de Lobios (Ourense) despois de perderse na Serra do Xurés. O grupo de excursionistas estaba a facer a Ruta da Fecha en bicicleta cando se desorientaron. Foi entón cando alertaron da súa situación aos efectivos de emerxencia, indicando que non sabían como regresar ao comezo da ruta e que non tiñan auga.


O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos ás 16:15 horas, a través dun aviso do GES. Pola súa banda, desde o 112 alertouse á Garda Civil. Despois de ser localizados, foron trasladados polos efectivos do GES ao comezo da ruta, onde estacionaran o seu vehículo. Todos eles atópanse en boas condicións.


PERDIDA EN PENA TREVINCA


Ademais, unha muller que facía unha ruta desde Zamora foi localizada en Pena Trevinca, no Concello da Veiga, despois de enviar unha alerta a través de Alpify. A excursionista mandou as súas coordenadas ao 112 Galicia ás 13:20 horas deste venres.


Desde o 112 Galicia informouse da situación a Urxencias Médicas e á Garda Civil. A situación tamén foi posta en coñecemento do 112 de Castela e León.


A muller foi atopada por unha patrulla da Garda Civil, que se encargou de trasladala a Zamora. Segundo se lle indicou ao 112, a excursionista atópase en bo estado.

relacionada Localizan dous sendeiristas que se perderan en Cervantes

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress