Larsa premiará avances en alimentación saudable na industria láctea

|

Leitelarsa


A empresa Larsa presentou este mércores na súa factoría de Robra, en Outeiro de Rei (Lugo), a primeira edición dos premios 'Impulsando Galicia', que recoñecerán a innovación en alimentación saudable na industria láctea.


A presentación destes galardóns contou coa presenza do director xeral de Corporación Alimentaria Peñasanta (CAPSA), José Armando Tellado; a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey; e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Viaño.


Estes premios, que contemplan unha contía de 5.000 euros para o primeiro galardoado, 3.000 para o segundo e 1.000 para o terceiro, tutelaranse a través da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo. Os interesados poderán inscribirse desde o día 2 de maio ata o 2 de xullo.


O director de CAPSA, matriz de Larsa, José Armando Tellado, destacou que a compañía, a través do seu plan estratéxico, busca "dar valor compartido nun sector agroalimentario sustentable".


Deste xeito, precisou que se o proxecto que resulte gañador destes premios, dirixidos a viveiros de empresa, universitarios recentemente titulados ou emprendedores, "ten éxito" compartirase "o 20% do beneficio neto xerado durante os tres anos cos gañadores".


"Trátase de facer cousas novas en alimentación, de facelas desde Galicia, desde Lugo e desde a Universidade, que o proxecto non sexa só académico senón que incorpore o talento académico pero que sexa viable, comercial e industrial", destacou.


Pola súa banda, o reitor da USC, Juan Viaño, mostrou a súa "satisfacción" por lograr este "acordo específico" que, segundo indicou, enmárcase nun convenio subscrito entre a universidade e a corporación alimentaria Peñansanta para colaborar en investigación e innovación.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress