Un avión aterra de emerxencia en Santiago por fume na cabina

|

Aterrizajesqcamericanairlines// @infoSCQ


Un avión da compañía American Airlines que cubría a ruta París-Miami tivo que aterrar de emerxencia no aeroporto de Santiago tras detectarse fume na cabina.


A petición de pista chegou ao centro de coordinación de Lavacolla minutos antes das 13,30 horas, polo que se declarou a situación de emerxencia (co correspondente protocolo de atención) para a chegada desa aeronave.





Con 226 pasaxeiros a bordo, segundo os datos do 112, aterrou no aeródromo compostelán sobre as 14,00 horas. 





Segundo o portal Aeronoticiario SCQ, a tripulación e os pasaxeiros xa desembarcaron da nave para a súa inspección por parte do equipo técnico do aeroporto. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress