Outro camión queda atrancado baixo a infame ponte de Alba
A pesar dos danos materiais non hai que lamentar feridos | O 112 informou a ADIF para comprobar que a estrutura da ponte non resultou danada debido ao impacto.
Fotografa de arquivo
A historia volve repetirse. Un camioneiro sufriu esta mañá un incidente co seu vehículo ao paso pola parroquia de Lérez, en Pontevedra, ao quedar o seu trailer atrancado na infame ponte de Alba. A pesar dos danos materiais, non hai que lamentar feridos.
Trátase do mesma ponte onde outros vehículos similares quedaron enganchados en anteriores ocasións. O antecedente máis rechamante remóntase ao ano 2009, cando un camión que excedía o gálibo quedou atrapado e obrigou a cortar a circulación ferroviaria ao resultar danada a estrutura da ponte. Aquel accidente provocou a instalación de novas medidas de control de gálibo na zona, segundo informa o diario Pontevedraviva.
Nesta ocasión, o trailer, que excedía o gálibo da ponte e non respectou o sinal de advertencia, quedou enganchado na estrutura, situada na zona da Cendona, na PO-225.
Tras recibir o aviso, segundo sinalou o servizo de emerxencias, persoal do 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico, do persoal do servizo de mantemento da estrada e de Protección Civil.
Tamén por parte do CAE 112 Galicia informouse ao persoal de ADIF para comprobar que a estrutura da ponte non resultara danada debido ao impacto dado que por encima pasa a vía férrea.
Escribe o teu comentario