Ourense coñecerá cinco modelos educativos innovadores da man dos seus impulsores

A súa filosofía e metodoloxía pedagóxicas convértenos en "referencia" en España. Un deles é o CEIP Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar.


|

Reyesbenchoshey

Os reis abriron o curso 2014-2015 no CEIP Ben-Cho-Shey.


A Fundación Nortempo reunirá en Ourense o próximo día 21 os representantes de cinco experiencias educativas "de referencia" en España pola súa filosofía e metodoloxía pedagóxicas baseadas na renovación e a formación para a integración.


Diso deu conta a través dun comunicado, no que precisou que se trata do colexio publico ourensán Ben-Cho-Shey (de Pereiro de Aguiar, onde os reis de España abriron o curso 2014-2015), a agrupación Xesuítas de Cataluña, a rede de 20 centros de Donosti do sistema Amaia Berri, o misioneiro salesiano Juan Linares e o especialista portugués en educación intercultural e para a paz Américo Nunes.


O obxectivo deste acto é "crear un espazo de reflexión" sobre os principais aspectos do cambio social, económico e político que definen "as novas contornas globais". Terá lugar no Liceo de Ourense ás 12,00 horas.

relacionada Profesores formados para derrubar os estereotipos de xénero
relacionada Educación premia a sete centros polos seus proxectos de formación dos docentes
relacionada Ser profesor, o traballo máis ilusionante para os galegos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE