Twitter indígnase co vídeo da lexión cantando 'El novio de la muerte' en Oncoloxía infantil

O Exército de Terra enmarca na normalidade a escolla da canción ao tratarse do seu himno. 


|




Raios e tronos caeron en Twitter contra a Lexión. O motivo foi a visita dos militares ao Hospital Materno Infantil de Málaga, onde ademais de pasar unha xornada de lecer xunto aos nenos ingresados en oncoloxía infantil, tiveron a xenial idea de cantarlles 'El novio de la muerte'. 


O vídeo da actuación caeu francamente mal nas redes sociais. Os 'tuiteiros' non tardaron en pronunciarse sobre a pobre elección da tonada por parte dos do Exército de Terra, e mesmo voou a imaxinación e apareceron toda clase de listas de cancións para contextos pouco idóneos. 


Só hai que botar unha ollada ao hashtag #LegionariosCantando para atoparse con todo tipo de combinacións politicamente incorrectas: 'Escándalo' en fronte da sede do PP, 'Paquito chocolatero' no Valle dos Caídos, 'Quince años tiene mi amor' no Bispado de Córdoba, e unha infinidade máis de ocorrencias tuiteiras. 


Pola súa banda, o Exército de Terra defendeuse xustificando que a Lexión cantase 'El novio de la muerte' e explicou que a visita se realizou cun programa pactado entre a Congregación de Mena e a Lexión no marco das súas actividades con motivo da Semana Santa.


Segundo insistiron as fontes do Exército de Terra, a canción da polémica trátase do himno da Lexión e é ademais a melodía que entoan estes días nos actos nos que participan con motivo da Semana Santa.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE