Os podólogos galegos reivindican a súa inclusión na sanidade pública

Reúnense a partir deste martes cos grupos parlamentarios para transmitirlles a situación actual da Podoloxía. 


|

Podologosgalicia


A xunta directiva do Colexio de Podólogos de Galicia, representada polo seu presidente, Borja Pérez, e a súa secretaria, Ángeles Fernández, reunirase a partir deste martes cos grupos parlamentarios para transmitirlles a situación actual da Podoloxía en Galicia e solicitar a súa inclusión na sanidade pública galega.


Segundo avanzou a entidade colexial, ademais pretenden informarlles sobre as xestións que se realizan co Ministerio de Sanidade por parte do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Podólogos.


A primeira reunión celebrarase este martes, día 11, no Parlamento co PSdeG ás 13,30 horas. En próximas datas reunirase con representantes do PPdeG, En Marea e BNG, segundo apuntou a entidade colexial.


Actualmente, os representantes colexiais están a solicitar ao Goberno español a inclusión do podólogo na carteira básica de servizos do Sistema Nacional de Saúde, do mesmo xeito que o Colexio de Podólogos de Galicia, que xa iniciou conversacións coa Consellería de Sanidade hai uns meses.


O presidente do Colexio explicou que o obxecto desta demanda "é garantir o acceso da poboación aos servizos de Podoloxía para mellorar a calidade asistencial e evitar a aparición de complicacións en grupos de risco, como os diabéticos".


"Ademais de supoñer unha deterioración da saúde do paciente, supón un custo elevado para a sanidade ao acurtarse os tempos de curación coa correspondente diminución das listas de espera e dos gastos farmaceúticos e hospitalarios", segundo expón.


Solicita tamén a elaboración dun documento no que se especifiquen todos os requisitos e esixencias técnicas e hixiénico-sanitarias que deben cumprir os establecementos de podoloxía para conseguir a acreditación de clínica podolóxica.


A xunta directiva do Colexio entregará un dossier a cada grupo parlamentario no que, segundo indica, "demóstrase a importancia que ten o podólogo na sociedade, explicando os argumentos legais e profesionais que xustifican a petición da inclusión do podólogo na sanidade pública".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE