Dimite un membro do Consello de Administración de Abanca para unirse ao Popular

A entidade que lidera Escotet acorda a reorganización das súas comisións por mor da saída de Sánchez-Asiaín | Substitúe a Pedro Larena, que renunciou ao cargo no Popular hai unha semana. 


|

Escotetabanca


O consello de administración do Popular nomeou a Ignacio Sánchez-Asiaín novo conselleiro delegado da entidade con efecto desde o vindeiro martes, 18 de abril, en substitución de Pedro Larena, que renunciou ao cargo hai unha semana.


O nomeamento como conselleiro delegado de Sánchez-Asiaín, decidido por unanimidade, foi acompañado da súa designación como vogal do consello, segundo informou a entidade á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).


Precisamente, tras o seu nomeamento como novo conselleiro delegado, Sánchez-Asiaín abandoou o consello de administración de Abanca. A entidade agradeceulle os servizos prestados, segundo informou ao supervisor.


Ademais, como consecuencia da súa dimisión, o consello de administración de Abanca acordou a reorganización das súas comisións.

relacionada Saracho: "Estamos abocados a aumentar capital para seguir adiante"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE