As reclamacións do sindicato de enfermería dan os seus froitos en Carballo

|

Centrosaludcarballo


O sindicato de enfermería Satse mostrou a súa satisfacción despois de que, "tras varios meses reclamándoo", a área de xestión integrada da Coruña decidise "contratar unha segunda matrona na quenda de tarde" para o Centro de Saúde de Carballo.



Segundo informou o sindicato, o pasado mes de setembro, a matrona que cubría o centro de saúde de Coristanco xubilouse e, desde entón, os seus pacientes tivéronse que trasladar ao Centro de Saúde de Carballo, coa "consecuente sobrecarga de traballo destas matronas".


Tras varias reclamacións de Satse, o pasado mes de febreiro, o Xerente da EOXI da Coruña comprometeuse a poñer unha segunda matrona no Centro de Saúde de Carballo, aínda que a finais de marzo a praza seguía sen cubrirse.


Tras volver reclamalo, o sindicato destacou que a principios do mes de abril incorporouse efectivamente a segunda matrona á quenda de tarde.


Outra reclamación do colectivo era a incorporación de máis enfermeiras, que tamén se conseguiu, segundo informa Satse nun comunicado. Desta forma, o mesmo Centro de Saúde incorporará tamén unha enfermeira a maiores a partir do próximo 16 de abril. 

relacionada Unha enfermeira atende a 160 residentes do Centro de Maiores do Meixoeiro as fins de semana

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress