Solicitan retirar a partida de 650.000 euros para contratar curas no Sergas

O PSOE levará á Comisión de Sanidade esta petición ao considerar que "en tempos de axustes é prioritario contratar médicos e non curas".


|

Sacerdotehospital


O portavoz de sanidade do PSdeG na Cámara galega, Julio Torrado, pedirá á Xunta que retire os servizos relixiosos financiados con fondos públicos nos hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergas).


"Non estamos en contra de que as persoas poidan demandar a presenza de curas, é unha decisión e crenza persoal, pero non queremos que se financien con diñeiro público", sinalou.


Por este motivo, avanzou que levará este martes á Comisión de Sanidade esta petición ao considerar que "en tempos de axustes é prioritario contratar médicos e non curas".


Neste sentido, asegurou que nos orzamentos autonómicos para 2017 "hai unha partida que supera os 650.000 euros destinada a contratar a 52 curas" que, ademais, non teñen un presenza física continua nos hospitais.


Segundo indicou, esta partida serviría para contratar, por exemplo, "15 médicos de atención primaria" para outros tantos pobos que están demandado facultativos ou "25 fisioterapeutas".


REXEITAMENTO DO PP


Pola súa banda, preguntado respecto diso nunha rolda de prensa posterior, o portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, destacou que o Goberno galego destina estes fondos a este fin "cumprindo o que marca a Constitución e mantendo a neutralidade sobre a cuestión relixiosa".


Con todo, explicou que colabora con aquelas confesións que teñen "máis arraigamento no territorio" e, concretamente, coa que "máis ten", como é a Igrexa católica.


"Se hai un partido que se pode poñer como exemplo de facer no pasado esta colaboración coas confesións é o PSOE, polo que aínda resulta máis rechamante este cambio na posición do Partido Socialista", sinalou.

relacionada Villares contradi a Iglesias e defende os espazos relixiosos en medios públicos
relacionada O PPdeG propón crear cemiterios específicos para musulmáns e xudeus
relacionada Cantos musulmáns hai vivindo en Galicia?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE