Ferraz acolle a capela ardente de Carme Chacón

Os cidadáns poderán deixar as súas mensaxes nun libro de condolencias | José Luis Rodríguez Zapatero móstrase "abatido" pola morte da súa "compañeira e amiga"


|

Capillaardientecarmechacon


A sede do PSOE da rúa Ferraz de Madrid acollerá a partir das 13,30 horas a capela ardente de Carme Chacón, falecida este domingo na capital aos 46 anos. Vaise abrir, ademais, un libro de condolencias para que os cidadáns poidan deixar mensaxes.


A capela vaise instalar no salón de actos da sede socialista, segundo informou o PSOE. O portavoz da Comisión Xestora, Mario Jiménez, asegurou que o seu partido "sente a necesidade" de render homenaxe á ex ministra, pero que está pendente das decisións da familia.


En declaracións á cadea SER, destacou este luns a "serenidade, responsabilidade" e "sentido de Estado" que, ao seu xuízo, demostrou ao xestionar a cuestión de Cataluña e a relación entre o PSOE e o PSC. Engadiu que tivo un "compromiso absoluto co PSOE" e sempre defendeu a Cataluña e "o que significa" esta comunidade para España, sendo consciente de que unha "non ten sentido" sen a outra.


A ex ministra de Defensa padecía unha cardiopatía que lle foi detectada antes de nacer. "Eu nacín no 71 e detectárono a través da trompetilla. Só dez anos despois chegaron a España as máquinas que permiten facer ecocardiogramas e soubemos que tiña o que se coñece o corazón ao revés, a transposición de grandes vasos", explicou ao propia ministra.


ZAPATERO, "ABATIDO" 


O expresidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, lamentou este luns a morte de Carmen Chacón, á que el mesmo nomeou ministra de Vivenda (2007-2008) e despois de Defensa (2008-2011).


Nun comunicado, o socialista mostrouse "abatido pola morte da súa "compañeira e amiga", todo un "exemplo de lealdade, agarimo e compromiso". "O baleiro que agora sentimos dá a medida da magnitude da súa perda, para a democracia española e para todos os socialistas", aseverou.


Zapatero trasladou á familia de Chacón --que foi ministra, primeiro de Vivenda e despois de Defensa nas dúas lexislaturas do socialista-- o seu afecto, despois do falecemento da política catalá, que padecía unha cardiopatía conxénita.


O PSdeG TRASLADA AS SÚAS CONDOLENCIAS


Pilar Cancela tamén lamentou este luns a perda de Carme Chacón, que se produce, dixo, "de forma tan dolorosa para a súa familia e para toda a familia socialista".


Cancela resaltou que Chacón era unha "muller valente e comprometida", e chamou a atención sobre que os socialistas lle botarán "de menos".


Nun momento de "tristeza e amargura", a presidenta da xestora do PSdeG expresou nunha rolda de prensa no Consistorio compostelán un "recordo cariñoso" á súa compañeira, e avogou por "seguir loitando como ela facía".


Ao seu lado, o portavoz socialista no Concello de Santiago, Paco Reyes, sumouse ás condolencias e pronunciou unhas palabras en catalán "en homenaxe" á que foi a primeira muller ministra de Defensa.


Pola súa banda, nunha rolda de prensa na Cámara galega, o deputado Xulio Torrado trasladou o pesar do grupo parlamentario do PSdeG polo falecemento da ex ministra.


"Nunca é fácil despedir un compañeiro ou unha compañeira, pero cando son persoas cun simbolismo ou unha inconicidade tan importante, resulta especialmente difícil", manifestou.

relacionada Morre a ex ministra Carme Chacón por unha enfermidade cardíaca

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE