A Deputación coruñesa convoca o concurso de fotografía 'Cidadáns europeos en Galicia'

O certame vai pola súa cuarta edición, dedicada a distintos aniversarios relacionados co desenvolvemento da Unión Europea.


|

Banderaue


O centro Europe Direct A Coruña, pertencente á Deputación provincial, organiza a cuarta edición do concurso de fotografía 'Cidadáns europeos en Galicia', que conmemora o 60 aniversario do Tratado de Roma, os 30 anos do programa Erasmus, os 15 anos da implantación do euro e os 10 anos desde a adhesión de Romanía e Bulgaria á Unión Europea.


Os interesados en participar, tal e como precisou o ente provincial nun comunicado, deben enviar ao correo electrónico ciudadanoseuropeosengalicia@gmail.com "unha imaxe ou unha montaxe que reflicta como a Unión Europea influíu nos seus dereitos, na súa contorna ou no desenvolvemento da súa cidade".


O gañador deste concurso será premiado cunha cámara de fotos, mentres que o autor do segundo mellor traballo recibirá unha tableta. O prazo de presentación está aberto ata o 28 de abril ás 14,00 horas, e poderán participar todos os residentes en Galicia maiores de 18 anos.


As fotografías deberán enviarse en formato JPG e cunha resolución mínima de 300 píxeles, indicando que se presentan para o concurso de Europe Direct A Coruña e cunha breve descrición sobre o que representa a fotografía.

relacionada A Deputación da Coruña promove o espectáculo 'Maxia pola Igualdade'
relacionada A Deputación da Coruña financiará proxectos artísticos que promovan a cidade
relacionada A Deputación da Coruña impulsa a nenos e adolescentes a vivir 'coa lingua fóra'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE