Un incendio forestal pasa das 100 hectáreas queimadas en Lobios

Outro lume iniciado este domingo en Carballeda de Avia quedou extinguido tras queimar 20 hectáreas de superficie arborizada.


|

IncendiolobiosnoiteLume en Lobios. //Foto: @CigAxentes


O incendio forestal declarado na tarde do domingo no municipio ourensán de Lobios permanece activo na mañá deste luns tras queimar unhas 100 hectáreas. 


Segundo informou a Consellería do Medio Rural, permanece activo un incendio forestal que comezou ás 17,35 horas do domingo na parroquia de Grou do municipio ourensán de Lobios.


As estimacións provisionais sitúan a superficie afectada nunhas 100 hectáreas rasas. Traballan no seu control dous axentes, 12 brigadas, catro motobombas e cinco helicópteros.


EXTINGUIDOS


Pola súa banda, Medio Rural sinalou que quedou extinguido un lume iniciado este domingo en Carballeda de Avia, tras arrasar 20 hectáreas de monte arborizado.


Tamén ás 21,48 horas do domingo o incendio rexistrado na parroquia de Sabuguido no municipio ourensán de Vilariño de Conso quedaba extinguido. 


As últimas estimacións cifran nunhas 34 hectáreas rasas a superficie queimada desde as 14,00 horas do domingo. Na súa extinción participaron un axentes, cinco brigadas, dúas motobombas e catro helicópteros.


Tamén está extinguido o incendio forestal declarado na mañá do domingo na parroquia de Xironda no municipio ourensán de Cualedro tras queimar unhas 25 hectáreas.


Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume declarouse ás 12,42 horas do domingo na parroquia de Xironda e quedou extinguido ás 20,46 horas da mesma xornada. Nos traballos de extinción traballaron tres axentes, sete brigadas, dúas motobombas e seis helicópteros, segundo concretou Medio Rural.

relacionada Prohibidas ata novo aviso as queimas agrícolas polo risco de incendio
relacionada Extinguido tras queimar 70 hectáreas un incendio forestal no Irixo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE