Prohibidas ata novo aviso as queimas agrícolas polo risco de incendio

|

Desalojoincendiosantiago


A Xunta prohibiu as queimas agrícolas e forestais a partir deste luns "ata novo aviso" debido ao risco de que se produzan incendios forestais e ás condicións meteorolóxicas previstas para os próximos días.


A través dun comunicado emitido este domingo, a Consellería do Medio Rural xustificou a decisión en base ás "condicións actuais de vento e as previsións para os próximos días".


Por tanto, os permisos xa concedidos para queimas controladas de restos agrícolas e forestais quedan suspendidas, xa que "as comunicacións e autorizacións de queima carecerán de validez desde o momento da prohibición".


Este domingo, rexistráronse ata catro incendios en varios puntos da comunidade galega que queimaron, polo momento, case 200 hectáreas.


Así as cousas, o Executivo autonómico toma a decisión de prohibir as queimas "unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de incendio", especialmente ante as previsións de que se produzan fortes refachos de vento.


Ademais, a Consellería do Medio Rural pediu a colaboración da cidadanía para que "extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde esta mañá non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal".

relacionada Extinguido tras queimar 70 hectáreas un incendio forestal no Irixo
relacionada Manzaneda sofre o primeiro gran incendio do mes de abril en Galicia
relacionada O goteo de incendios forestais continúa ás portas da primavera

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress