O Celta perde e descólgase da loita polos postos europeos

|


CeltaeibarO Eibar leva os tres puntos de Balaídos. //Foto: RC Celta.


Derrota do Celta en Balaídos que lle custa as posibilidades de pelexar polos postos europeos. O Eibar levou os tres puntos ante un cadro celeste formado por xogadores pouco habituais para Berizzo, unha rotación coa vista posta no encontro do xoves.


Kike García na primeira metade, e Pedro León na segunda, fixeron os goles do encontro. O Celta mellorou na recta final, grazas aos cambios, e mesmo enviou dous balóns aos paus na segunda metade, pouca puntería para recortar distancias ante o Eibar.


O Celta saíu coa idea de levar a iniciativa, pero sen capacidade para dominar chegoulle o gol no minuto 12. A partir de aí o Eibar levou o peso do partido, dominando a posesión e abafando ao Celta, obrigado a repeler os balóns que foron chegando á súa área. Os celestes apenas crearon perigo antes do descanso.


Aos cinco minutos da continuación, Pedro León puxo o 0-2 definitivo no marcador, aínda que os vigueses tiveron algunha oportunidade de achegar distancias. Pouco despois Jozabed enviou un balón ao pau e cumprida a hora de partido a afección reclamou penalti por unha man dentro da área armeira, que o colexiado non sinalou, con acerto.


A entrada de Aspas notouse no cadro celeste. O de Moaña mandou outro balón ao traveseiro e ameazou con outro remate que non puido ser tras un centro desde a banda. O Celta apertou nos instantes finais, con dúas ocasións de Beauvue e Roncaglia que puido desbaratar Yoel.


O xoves os celestes reciben o Genk belga na ida dos cuartos da Europa League, case o último tren se queren volver a próxima tempada á competición continental.

relacionada Mouriño anuncia que o Celta se vai de Vigo: "Bótannos, non hai retorno"
relacionada O Valencia remonta nun partido pouco brillante do Celta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress