A disolución de ETA pode non alongarse máis aló do verán

|

Etapolicia


ETA encamiñarase, a partir do desarmamento, cara á súa disolución, nun proceso que podería completarse o próximo verán, e no que a opinión dos máis de 300 presos que aínda cumpren prisión nos cárceres será decisiva. Desta forma, a banda podería desaparecer tras case 60 anos de existencia durante os que asasinou a máis de 800 persoas e secuestrou ao redor dun cento.


Segundo informaron a Europa Press fontes coñecedoras do proceso de reflexión, aínda que ata hai pouco a banda se negaba a desaparecer mentres houbese recluídos internos en centros penais, agora asumiu que ten que proceder á súa disolución, algo que se prevé que finalice cunha Asemblea que non se prolongaría máis aló do verán.


Este era un paso buscado pola esquerda abertzale desde que decidira seguir a súa traxectoria coa aposta polas vías "exclusivamente políticas e democráticas" que recolleu na resolución 'Zutik Euskal Herria' e que se fixo pública en febreiro de 2010, tras un debate interno.


A vía emprendida por Sortu é apoiada pola maioría da esquerda abertzale e dos propios presos de ETA, algúns dos cales asumiron que terán que enfrontarse a longas condenas.


Segue lendo esta información en Pressdigital.

relacionada ETA entrega 120 armas de fogo, tres toneladas de explosivos, e miles de detonadores e munición
relacionada ETA: "As armas e explosivos están en mans da sociedade civil"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress