A Deputación de Lugo cede gratis os terreos para a primeira unidade de patoloxía dual de Galicia

|

Fudacelugo


O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e o presidente de Fudace, Luís Abelleira, acompañados polo deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos, asinaron este sábado o convenio mediante o que o goberno provincial cede gratis a este colectivo terreos provinciais de 80.000 metros cadrados, que teñen un valor catastral de 500.000 euros, durante un período de 50 anos.


Con esta cesión, a Deputación informou de que a Fundación de Dano Cerebral conta co espazo necesario para habilitar a primeira unidade de patoloxía dual que existe en Galicia, así como a segunda de España, posto que só hai unha en Palencia.


O novo edificio terá capacidade para un mínimo de 15 persoas e un máximo de 45. Os atendidos serán persoas con dano cerebral e trastornos severos de comportamento. A previsión é que poida estar finalizado en torno ao mes de setembro de 2018.


"Queremos poñer a disposición dos cidadáns todos os recursos públicos do organismo provincial. Queremos contribuír á posta en marcha de proxectos que ofrezan servizos sociais necesarios cos concellos, defendendo a igualdade de oportunidades vivas onde vivas", sinalou Campos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress