Extinguido tras queimar 70 hectáreas un incendio forestal no Irixo

O lume iniciouse este sábado pola tarde na parroquia de Cangues e os equipos de extinción dérono por controlado de madrugada.


|

Incendiomondariz



Extinguido o incendio forestal rexistrado este sábado pola tarde no Concello ourensán do Irixo, concretamente na parroquia de Cangues, tras queimar case 70 hectáreas.


En concreto, tal e como informou a Consellería do Medio Rural a través dun comunicado, o lume quedou extinguido ás 10,40 horas deste domingo.


O lume iniciouse este sábado pola tarde ás 17,31 horas e quedou controlado ás 02,01 da madrugada deste domingo. Segundo as últimas estimacións, afectou a 30,82 hectáreas de monte arborizado e 39 hectáreas de monte raso.


Nos traballos de control participaron tres axentes, 11 brigadas, catro motobombas e seis helicópteros.


A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

relacionada Activo un incendio forestal no Irixo que afecta a 20 hectáreas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE